[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


4. Un exemplo

4.1 Un modelo recomendado para principiantes ambiciosos

Un modelo común é crear particións /, /home e /var como se explicou antes. Isto é simplemente instalar, manter e distinguir o suficientemente ben para evitar os efectos adversos dos diferentes tempos de vida. Tamén encaixa no modelo da copia de seguridade: case ninguén se molesta en facer copias de seguridade das noticias de USENET e só paga a pena facer copias de seguridade dalgúns ficheiros de /var (vénseme á mente /var/spool/mail). Por outra parte, / case nunca cambia e poden facerse copias de seguridade baixo demanda (despois de cambios de configuración) e é o suficientemente pequena como para caber nos máis modernos medios de copia de seguridade nunha copia completa (de 250 a 500 MB dependendo da cantidade de software instalado). /home contén datos de usuario valiosos e debería de facerse unha copia diaria. Algunhas instalacións teñen /homes moi grandes e debe usarse o modo incremental.

Algúns sistemas poñen tamén /tmp nunha partición separada, outras cun enlace simbólico a /var/tmp para conseguir o mesmo efecto (ten en conta que isto pode afectar ao modo de usuario único, onde /var pode non estar dispoñible e o sistema non terá /tmp ata que a crees ou montes /var manualmente) ou póñena nun disco de RAM (Solaris por exemplo fai isto). Isto mantén a /tmp fóra de /, que é unha boa idea.

Este modelo tamén convén para actualizacións ou reinstalacións: salva os teus ficheiros de configuración (ou o /etc enteiro) a algún directorio de /home, desfaite do teu /, reinstala e vai a buscar as vellas configuracións ao directorio gardado en /home.


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]