[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


5. Cómo o fixen na miña máquina

Había este vello 386/40 con bus ISA parado na miña estantería que abandonei dous anos atrás porque non o usaría máis. Estiven planeando poñelo como un pequeno servidor sen X para a miña LAN (Local Area Network, rede de área local) caseira.

Velaí o que fixen: collín ese 386 e púxenlle 16 MB de RAM. Metín un disco EIDE barato, o máis pequeno que puiden atopar (800 MB) e unha tarxeta ethernet. Engadín unha vella Hercules porque aínda tiña un monitor para ela. Instalei Linux nel e aí teño o meu servidor local NFS, SMB, HTTP, LPD/LPR e NNTP así como o meu enrutador de correo e servidor POP3. Cunha tarxeta adicional ISDN a máquina tamén se converteu no meu enrutador de TCP/IP e cortalumes.

A maior parte do espacio do disco nesta máquina foi para os directorios de /var, /var/spool/mail, /var/spool/news e /var/httpd/html. Puxen /var nunha partición separada a fíxena grande. Non van haber case usuarios nesta máquina , así que non creei unha partición home e montei /home desde outra estación de traballo vía NFS.

Linux sen X máis varias utilidades instaladas localmente estarán ben nunha partición / de 250 MB. A máquina ten 16 MB de RAM, pero estará executando varios servidores. 16 MB de intercambio (swap) estaría ben, con 32 MB estaría completo. Non nos falta espacio no disco, así que terá 32 MB. Manteño unha partición de MS-DOS de 20 MB por sentimentalismo. Decidín importar /home doutra máquina, así que os restantes 500+ MB acabarán en /var. Isto é máis que suficiente para alimentar noticias USENET caseiras.

Temos

Dispositivo       Montado en                    Tamaño
/dev/hda1         /dos_c                         25 MB
/dev/hda2         - (espacio de intercambio)     32 MB
/dev/hda3         /                             250 MB
/dev/hda4         - (contedor extendido)        500 MB
/dev/hda5         /var                          500 MB

homeserver:/home  /home                         1.6 GB
Estou facendo unha copia de seguridade desta máquina vía rede usando a cinta en homeserver. Como todo o desta máquina foi instalado desde un CD-ROM todo o que teño que salvar son algúns ficheiros de configuración de /etc, os meus ficheiros *.tgz acostumados instalados localmente de /root/Source/Installed e /var/spool/mail así como /var/httpd/html. Copio estes ficheiros nun directorio adicado /home/backmeup en homeserver cada noite, onde a copia de seguridade regular de homeserver os colle.


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]