[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


5. Montar sistemas de ficheiros

5.1 Montar sistemas de ficheiros UFS baixo Linux

Desafortunadamente o controlador UFS nos kernels Linux 2.0.xx non inclúe soporte pra FreeBSD. Cando intentas montar un sistema de ficheiros FreeBSD, simplemente acadas algunhas mesaxes de erro (o sistema de ficheiros está actualmente montado, pero non podes ler nada del). Este problema foi resolto en Linux 2.1.87 e seguintes.

Hai outra versión do controlador UFS pra kernels Linux 2.0.xx (xx <= 30) en SunSite.Chámase U2FS e a versión actual é u2fs-0.4.3.tar.gz. Pode atoparse unha versión de U2FS (ufs-0.4.4.tar.gz) pra Linux 2.0.31 e posteriores (2.0.xx; non 2.1.xx) neste sitio xunto con máis información sobre U2FS (e UFS).

Agora tes que construir un novo kernel con soporte pró sistema de ficheiros U2FS e etiquetas de discos BSD. Le a sección Instalar e preparar Linux pra máis información sobre isto. Podes quitar o soporte pró sistema de ficheiros UFS do kernel cando utilices U2FS.

Cando teñas instalado o novo kernel, podes montar o teu sistema de ficheiros UFS (tódalas particións no slice FreeBSD agás a partición swap) cun comando coma este:

mount -t u2fs /dev/hda8 /mnt

Deberías usar un comando coma

mount -t ufs /dev/hda8 /mnt
se utilizas un kernel Linux versión 2.1.87 ou superior.

O controlador UFS (e U2FS) é de só-lectura. Isto é; podes ler dos sistemas de ficheiros UFS pero non podes escribir neles. Estase a traballar nun controlador de escritura/lectura.

5.2 Montar sistemas de ficheiros ext2fs baixo FreeBSD

Pra montar sistemas de ficheiros ext2fs baixo FreeBSD, primeiro tes que construir un novo kernel con soporte ext2fs. Le the FreeBSD handbook pra aprender a facer isto. Pon a liña
options         "EXT2FS"
no ficheiro de configuración do teu kernel pró novo kernel.

Cando inicies co novo kernel, podes montar un sistema de ficheiros ext2fs dando un comando coma:

mount -t ext2fs /dev/wd0s3 /mnt
Fíxate en que non podes montar sistemas de ficheiros ext2fs en particións extendidas dende FreeBSD.

Debido a un bug en FreeBSD 2.2.5 e anteriores terás que desmontar tódolos sistemas de ficheiros ext2fs antes de pechar FreeBSD se estás a usar estas versións. Se pechas FreeBSD cun sistema de ficheiros ext2fs montado, FreeBSD non pode habilitar o sistema de ficheiros. Isto dá coma resultado que fsck estase a executar a seguinte vez que inicies FreeBSD.


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]