[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


6. Executar binarios alleos

6.1 Executar binarios de FreeBSD baixo Linux

O paquete iBCS ten soporte pra executar binarios de FreeBSD baixo Linux; pero está vello e desmantido. Non puiden facelo funcionar. Faime saber se tiveches máis sorte con isto.

6.2 Executar binarios de Linux baixo FreeBSD

FreeBSD ten a capacidade de executar binarios de Linux, en formatos a.out e ELF. Pra facer isto tes que seguir estes tres pasos:
  1. Tes que habilitar a compatibilidade Linux. Pra facer isto (en FreeBSD 2.2.2 --- os detalles poden variar noutras versións) tes que editar o teu ficheiro /etc/rc.conf e trocar
    linux_enable="NO"
    
    a
    linux_enable="YES"
    
    e reiniciar. Outro xeito de cargar o soporte de binarios de Linux é executar o comando /usr/bin/linux. Deste xeito non tes que reiniciar e non tes que ter sempre cargado o soporte pra binarios Linux (aforrando memoria). Lembra engadir a liña
    options         COMPAT_LINUX
    
    ó ficheiro de configuración do kernel de FreeBSD se constrúes un novo kernel de FreeBSD.

  2. Tes que instalar as bibliotecas compartidas de Linux se os teu binarios de Linux están enlazados dinamicamente. As bibliotecas están engadidas en FreeBSD 2.2.{2,5,6} coma o paquete linux_lib-2.4.tgz. Executa o seguinte comando pra instalar o paquete:
    pkg_add <ruta_a_paquete>/linux_lib-2.4.tgz
    
    <ruta_a_paquete> é o directorio onde se almacena o paquete. Podes cargalo tamén dende a rede:
    pkg_add ftp://ftp.freebsd.org/pub/FreeBSD/packages-stable/All/linux_lib-2.4.tgz
    
    ou reexecutando /stand/sysinstall. Entra "Configure", "Packages" e utiliza os menús. Deberías executar o seguinte comando se tes en execución binarios de Linux enlazados estaticamente:
    brandelf -t Linux <nome_do_binario_enlazado_estaticamente>
    
  3. Instala o(s) programa(s) de Linux que queiras executar. O(s) program(s) pode(n) ser instalado(s) tanto no sistema de ficheiros UFS coma no ext2fs. Le a sección Montar sistemas de ficheiros ext2fs baixo FreeBSD pra máis información sobre usar o sistema de ficheiros ext2fs baixo FreeBSD.
Executei con éxito as versións Linux de Applixware 4.3 e Netscape 3.01 (ámblos dous en formato ELF) baixo FreeBSD 2.2.2 usando este método (si, sei que hai unha versión nativa pra FreeBSD de Netscape 4). As versións Linux de acroread e StarOffice tamén funcionan ben baixo FreeBSD. Le a documentación de FreeBSD pra máis información sobre este tema.


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]