[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |
Cando instales Linux tes que construir un novo kernel. Le, e traduce de paso ;-), The Linux Kernel HOWTO se isto é novo pra ti. Tes que incluir soporte pró sistema de ficheiros UFS (só lectura) e soporte pró etiquetado de discos BSD (táboas de partición FreeBSD):
UFS filesystem support (read only) (CONFIG_UFS_FS) [N/y/m/?] y BSD disklabel (FreeBSD partition tables) support (CONFIG_BSD_DISKLABEL) [N/y/?] (NEW) yInstala o novo kernel e reinicia. Borra calquera liña que inclúa a verba swap do teu ficheiro
/etc/fstab
se fixeches unha partición swap pra Linux. Asegúrate de ter disquete de arranque de Linux co novo kernel. Agora estás preparado pra instalar FreeBSD.
fdisk
). Presta atención á orde das particións no slice FreeBSD. Se utilizas o etiquetado por defecto a segunda partición será a partición swap. Completa a instalación de FreeBSD e reincia en Linux usando o novo disquete de arranque Linux.
dmesg
cando inicies Linux. Na saída deberías ver algo coma isto:
Partition check: hda: hda1 hda2 hda3 hda4 < hda5 hda6 hda7 hda8 >Isto significa que
/dev/hda4
é o teu slice FreeBSD, namentres que /dev/hda5
, /dev/hda6
, /dev/hda7
e /dev/hda8
son as particións FreeBSD. Se a túa partición swap é a segunda partición no slice, será /dev/hda6
.
Tes que poñer a seguinte liña no teu ficheiro /etc/fstab
de Linux pra habilitar a partición swap:
/dev/hda6 none swap sw 0 0Aínda que FreeBSD pode utilizar calquera tipo de partición coma espacio de intercambio, Linux precisa dunha sinatura especial na partición swap. Esta sinatura faise por
mkswap
. FreeBSD arruina esta sinatura cando utiliza a partición swap compartida, así que terás que executar mkswap
cada vez que inicies Linux. Pra facer isto automaticamente tes que atopar o script que executa swapon
ó arranque. En Red Hat Linux é /etc/rc.d/rc.sysinit
. Pon a seguinte liña nese ficheiro xusto antes de swapon -a
:
awk -- '/swap/ && ($1 !~ /#/) { system("mkswap "$1"") }' /etc/fstabIsto executará
mkswap
en calquera partición swap de /etc/fstab
cada vez que inicies agás se están comentadas (tendo "#" coma o primeiro caracter na liña).
Executa free
pra chequear o tamaño do espacio de intercambio cando reinicies en Linux. Deberías tamén reiniciar en FreeBSD pra asegurarte de que todo funciona coma agardabas. Se non é así, probablemente usaches a partición equivocada coma partición swap. A única solución a ese problema é reinstalar FreeBSD e intentalo de novo. A experiencia é unha grande mestra. :o)
[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |