[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |
FreeBSD precisa dunha das catro entradas da táboa de particións do disco duro do teu PC. Esta partición primaria chámase "slice" na terminoloxía FreeBSD. Logo utiliza o programa disklabel
pra facer oito particións nesta particións primaria. Estas particións lóxicas chámanse "particións" na terminoloxía de FreeBSD. Este concepto é semellante ó xeito no que Linux (e DOS) manexan particións lóxicas nunha partición extendida. Non podes instalar FreeBSD nunha partición extendida feita por Linux (ou DOS). Fíxate en que o programa de Linux fdisk
non visualiza as particións BSD nun slice FreeBSD dende o menú principal, pero pode visualizar información sobre o etiquetado de discos BSD se dás o o comando 'b'. A saída é algo coma isto (/dev/hda4
é o slice FreeBSD):
bash# fdisk /dev/hda Command (m for help): p Disk /dev/hda: 64 heads, 63 sectors, 621 cylinders Units = cylinders of 4032 * 512 bytes Device Boot Begin Start End Blocks Id System /dev/hda1 * 1 1 27 54400+ 83 Linux native /dev/hda2 28 28 55 56448 83 Linux native /dev/hda3 56 56 403 701568 83 Linux native /dev/hda4 404 404 621 439488 a5 BSD/386 Command (m for help): b Reading disklabel of /dev/hda4 at sector 1624897. BSD disklabel command (m for help): p 8 partitions: # size offset fstype [fsize bsize cpg] a: 64512 1624896 4.2BSD 0 0 0 # (Cyl. 404 - 419) b: 104832 1689408 swap # (Cyl. 420 - 445) c: 878976 1624896 unused 0 0 # (Cyl. 404 - 621) e: 64512 1794240 4.2BSD 0 0 0 # (Cyl. 446 - 461) f: 645120 1858752 4.2BSD 0 0 0 # (Cyl. 462 - 621) BSD disklabel command (m for help): q bash#As letras 'a'...'f' na primeira columna son as mesmas etiquetas que as amosadas abaixo no exemplo pra un slice FreeBSD. Hai tres particións especiais na parte de BSD. A letra 'a' designa a partición raíz, o 'b' designa a partición swap, ou de intercambio, namentras que o 'c' designa o slice enteiro. Le a documentación de FreeBSD pra máis información sobre a maneira "estándar" de asignar estas letras ós diferentes tipos de partición.
Os discos duros son etiquetados do seguinte xeito en Linux e FreeBSD:
Linux FreeBSD First IDE drive /dev/hda /dev/wd0 Second IDE drive /dev/hdb /dev/wd1 First SCSI drive /dev/sda /dev/sd0 Second SCSI drive /dev/sdb /dev/sd1As particións (slices FreeBSD nunha unidade IDE) son etiquetadas do seguinte xeito (
/dev/hda
úsase coma exemplo):
Linux FreeBSD Primeira partición primaria /dev/hda1 /dev/wd0s1 Segunda partición primaria /dev/hda2 /dev/wd0s2 Terceira partición primaria /dev/hda3 /dev/wd0s3 Cuarta partición primaria /dev/hda4 /dev/wd0s4
As particións no meu slice FreeBSD están etiquetadas do seguinte xeito. É o etiquetado que acadas por defecto. É posible trocar o etiquetado se fas unha instalación personalizada de FreeBSD (/dev/hda4
é o slice FreeBSD no exemplo):
Linux label FreeBSD label FreeBSD mount point /dev/hda5 /dev/wd0s4a / /dev/hda6 /dev/wd0s4b swap /dev/hda7 /dev/wd0s4e /var /dev/hda8 /dev/wd0s4f /usr
Se executas dmesg
en Linux verás isto coma (o kernel de Linux debe ser construido co soporte ó sistema de ficheiros UFS pra que isto funcione. Le a sección Instalar e preparar Linux):
Partition check: hda: hda1 hda2 hda3 hda4 < hda5 hda6 hda7 hda8 >Se instalaches FreeBSD no slice
/dev/sd1s3
(/dev/sdb3
na parte Linux), e /dev/sdb2
é unha partición extendida de Linux que contén dúas particións lóxicas (/dev/sdb5
e /dev/sdb6
), o exemplo anterior sería así:
etiqueta Linux etiqueta FreeBSD FreeBSD mount point /dev/sdb7 /dev/sd1s3a / /dev/sdb8 /dev/sd1s3b swap /dev/sdb9 /dev/sd1s3e /var /dev/sdb10 /dev/sd1s3f /usr
Isto amosarase coma:
Partition check: sdb: sdb1 sdb2 < sdb5 sdb6 > sdb3 < sdb7 sdb8 sdb9 sdb10 >na saída de
dmesg
.
Se tes unha partición extendida de Linux logo do teu slice FreeBSD estás nun problema, xa que moitos disquetes de instalación están construidos sen soporte UFS, non recoñecerán as particións FreeBSD do slice. O que deberías ver coma (/dev/hda3
é o slice FreeBSD e /dev/hda4
é a partición extendida de Linux)
Partition check: hda: hda1 hda2 hda3 < hda5 hda6 hda7 hda8 > hda4 < hda9 hda10 >vese coma:
Partition check: hda: hda1 hda2 hda3 hda4 < hda5 hda6 >Isto pode proporcionar un asignamento de dispositivos erróneo e causar a perda de datos. O meu consello é que poñas sempre o teu slice FreeBSD logo de calquera partición extendida de Linux e non troques nengunha partición lóxica das túas particións extendidas de Linux logo de instalar FreeBSD.
[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |