|
|
|
Como a consola de texto de Linux soporta a cor, o orixinal GNU ls foi rapidamente modificado para mostrar saída a cor e foi incluído no Slackware sobre a versión 2.0. Versións melloradas destes remendos migraron na distribución GNU estándar de ls, e debería formar parte de tódalas novas distribucións a partir de agora.
A información neste documento foi confirmado no RedHat 4.1, e foi orixinalmente creado coa versión 2.0.2 de Slackware, e o 1.1.54 Kernel. O anaco de información do kernel foi recuperado no Slackware 2.2.0 co kernel 1.2.13, e tcsh como o shell predeterminado, e despois confirmado cun kernel 2.0.27. se ti usas algunha outra configuración, ou versión UNIX, eu agradecerei un aviso informando do SO e versión, e se a cor é utilizable como estándar.
|
|
|