Cores con terminais Linux mini-HOWTO
v1.4, 7 Agosto de 1997
Traducción ao Galego, 6 de Agosto de 1999
A maioría das distribucións do Linux teñen un comando
'ls' para o listado dos contidos dun directorio que pode incrementar
visualmente a saída por medio do uso de diferentes cores, mais a
configuración disto ao teu gusto pode non ser unha tarefa trivial.
Este documento explica os variados aspectos e principios da alteración
da canfiguración, usando o software existente, ademais das localizacións
de software alternativo, normalmente non incluído co Slackware ou
o RedHat, que pode ser usado na maioría das versións de Unix.
A versión orixinal en Inglés pode ser baixada de: http://www.mip.ou.dk/ravn/colour-ls