[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


2. Instalando os Sistemas Operativos

Cando instalas os SOs, asegúrate de que todos son instalados en particións arrancables. Eu instalei ámbolos Windows 95 e Windows NT en particións FAT16, se decides utilizar FAT32 para 95 e NTFS para NT, comproba que a túa versión de Linux soporta os dous, e en caso afirmativo ata qué punto.

2.1 Instalando Windows 95

Instala Windows 95 no disco primario. Este aparecerá como C:. Lémbrate de crear o disco de arranque cando a opción sexa ofrecida.

Descubrín que é mellor que o disco co Linux sexa desconectado ao instalar o Windows 95, así nunca será detectado e non existirá para o que o 95 concerne.

Neste punto, se todo foi ben, serás capaz de arrancar o Windows 95.

2.2 Instalando Windows NT 4.0

Instálao no disco secundario. Cando crees a partición nesta unidade, faina arrancable. Non tódalas versións do Linux soportan NTFS, polo tanto creei unha partición FAT16, simplemente para estar seguro e porque quería intercambiar ficheiros entre as unidades de Windows.

Cando instalas Windows NT, este detecta a presencia do 95 e crea una entrada para el no cargador do NT, deberás ver as segunites tres entradas no menú do cargador:

Windows NT Workstation Version 4.00
Windows NT Workstation Version 4.00
Microsoft Windows
Neste punto deberías ser capaz de arrancar tanto en NT como no 95.

2.3 Instalando Linux

Instala Linux no terceiro disco. Cando eu o instalei, só tiña o 95 instalado, polo tanto so engadín a partición do 95 ao LILO. Podes facer tódalas entradas para cada un dos SO cando instalas o LILO, ou editar o ficheiro de configuración máis tarde. De todas maneiras, mostrarei como debería ser o /etc/lilo.conf na seguinte sección. Unha vez Linux estea instalado, deberías ser capaz de arrancar o Linux.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]