[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


1. Introducción

Hai un certo número de documentos que describen en detalle o multiarranque para calquer número de sistemas operativos usando o cargador do Windows NT. Cando finalmente comprei Windows NT, xa tiña Windows 95 e Linux instalados e estaba usando LILO. Decidin engadir Windows NT ao LILO en vez de usar o arranque do NT.

Orixinalmente tiña Windows 95 no disco primario, IDE, e Linux no secundario, tamén IDE. O disco do Linux pasou a ser o meu terceiro disco, ao instalar un novo IDE como secundario. Aínda que non o tentei con diferentes configuracións, creo que a orde na cal cada sistema operativo é instalado ou en cal disco duro é instalado é importante.

Lémbrate de crear os discos de arranque de emerxencia para cada un dos sistemas que instales cando a oportunidade sexa ofrecida.

Debido a que usei a utilidade de Gilles Vollant´s Bootpart, e esta só soporta unidades ata 4GB, isto poida que non funcione en caso de discos con maiores capacidades.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]