[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


4. ¿Que cores hai para escoller?

Este script de escritorio, (gracias aos moitos que me mandaron as versións bash) mostra tódalas combinacións de cores estándar na consola actual. Se non aparecen cores, a túa consola non soporta seleccións de cores ANSI.
#!/bin/bash
# Mostrar cores ANSI

esc="\033["
echo -n " _ _ _ _ _40 _ _ _ 41_ _ _ _42 _ _ _ 43"
echo "_ _ _ 44_ _ _ _45 _ _ _ 46_ _ _ _47 _"
for fore in 30 31 32 33 34 35 36 37; do
line1="$fore "
line2=" "
for back in 40 41 42 43 44 45 46 47; do
line1="${line1}${esc}${back};${fore}m Normal ${esc}0m"
line2="${line2}${esc}${back};${fore};1m Bold ${esc}0m"
done
echo -e "$line1\n$line2"
done

O número de cor do primeiro plano esta listado á esquerda, e o número do fondo na caixa. Se queres caracteres en negriña engade un "1" aos parámetros, así o azul brilante sobre fondo branco sería "37;44;1". A secuencia ANSI enteira de selección é, enton:
ESC [ 3 7 ; 4 4 ; 1 m
Nota: O fondo non pode poñerse en negriña, así pois, non podes poñer amarelo de fondo (marrón negriña), xa que só se admitirá como primeiro plano. Esta é unha limitación de hardware.

As cores son:

0 - negro      4 - azul         3# é para o primeiro plano
1 - vermello   5 - maxenta      4# é para o fondo
2 - verde      6 - cian
3 - amarelo    7 - branco       ;1 é para as negriñas


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]