[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


3. ¿Téñoo todo?

Para comezar debes saber se tes unha versión do ls que coñeza como poñer as cores apropiadamente. Intenta este comando na consola de texto de Linux (tamén funcionará nas xterms):
% ls --color
(O simbolo % e o inductor -prompt- do shell)

Se obtés unha mensaxe de erro indicando que ls non comprende a opción, precisas instalar unha nova versión do paquete das utilidades de arquivo de GNU. Se non tes o paquete de mellora para a túa distribución, só tes que obter a última versión do teu mirror GNU e instalar directamente da fonte.

Se non obtes mensaxe de erro, tes un ls que comprende o comando. Desafortunadamente, algunhas das ultimas versións incluidas previamente con Slackware (e posiblemente outros) tiñan erros. O ls incluido no Redhat 4.1 é a versión 3.13, que está totalmente operativa.

% ls --version
ls - GNU fileutils-3.13
se executas o comando ''ls --color'' na consola de texto de Linux, a saída debería ter saído a cores, dacordo aos predeterminados no sistema, e agora podes decidir se hai algo que quixeras cambiar.

Se o executaches nunha xterm, deberías ou non ver cambios de cor. Coma co ls, o programa orixinal das x-term, non ten soporte de cor para os programas que se executan dentro delas, mais as versións recentes fano. Se as túas x-term non soportan cores, deberías obter unha nova versión como se describe á fin deste documento. Polo de agora salta o modo de texto e continúa dende eiquí.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]