|
|
|
Así que a xente fixo programas para aumentar a utilidade dos cortalumes. O que examinaremos con maior detalle é un paquete chamado "socks", que implementa un servidor proxy. Nembargantes, existe outro par de programas que hai que tomar en consideración. Agora darémoslles un rápido repaso.
Para comparalos mellor, vexamos o exemplo do acceso o Web e por Telnet. Con Socks, hai que facer un ficheiro de configuración e poñer en marcha un demo. Mediante ese ficheiro e ese demo actívanse tanto o Telnet como o Web, así coma calquer outro servicio que non se desactivara explicitamente.
Coas ferramentas TIS, arráncase un demo para o Web e outro para o Telnet, e escríbese un ficheiro de configuración para cada un. Despois de haber feito iso, o resto de formas de acceso a Internet seguen prohibidas hata que se configuren explícitamente. Se non existe un demo especial para unha determinada utilidade (por exemplo, para talk), hai un demo "para todo" pero non é nin tan flexible, nin tan fácil de configurar coma as outras ferramentas.
Isto pode parecer unha diferencia menor, mais en realidade é unha gran diferencia. Socks permite ser desidioso. Cun servidor de Socks mal configurado a xente de dentro ten máis acceso a Internet do que se quería. Coas ferramentas TIS, a xente do interior ten soamente o acceso que o administrador do sistema queira que teñan.
Socks é máis fácil de configurar, máis fácil de compilar, e permite unha maior flexibilidade. O xogo de ferramentas de TIS é máis seguro se se quere controlar aos usuarios de dentro. Os dous proporcionan unha protección absoluta do exterior.
O limitador de TCP non se cubre de maneira máis extensa aquí por un par de razóns:
|
|
|