1. Introducción
Os cortalumes foron adquirindo unha grande popularidade dun tempo a esta
parte como o último berro en seguridade en
Internet.Coma a maioría das cousas que a adquiren, coa popularidade
chegaron os malentendidos. Neste Howto cubriranse
as bases do que é un cortalume cómo configurar
un, qué servidores proxy hai, cómo configuralos, e
as aplicacións desta
tecnoloxía fora do campo da seguridade.
1.1 Realimentación
Todo apoio ou crítica a este documento será benvido. Estou
buscando con especial interese críticas da xente que usa
Macintoshes, xa que a información que teño deles é
escasa. ¡¡¡POR FAVOR, COMUNICADEME CALQUER
INEXACTITUDE NESTE DOCUMENTO!!! Son humano, e podo cometer erros.
Se atopades algún, interesarame
moito coñecelo. Tentarei contestar a todo o correo, mais estou
ocupado; así que, que ninguén se ofenda se non o fago.
A miña dirección de correo electrónico é
drig@execpc.com
1.2 Renuncia de Responsabilidade
Este documento intenta ser unha introducción ao funcionamiento dos
cortalumes e servidores proxy. Non son, nin pretendo ser,un experto en
seguridade. Son simplemente un tipo que leu moito e ao que le gustan os
ordenadores máis que ao resto da xente. NON SON RESPONSABLE DE NINGÚN
DANO PRODUCIDO POR ACCIÓNS COA BASE NESTE DOCUMENTO. Por favor,
escribo isto para axudar a xente a entender o tema, non estou preparado
para facer depender
a miña vida da exactitude do que hai eiquí.
Nota do Traductor: e eu menos. (e dicir, suscribo o párrafo
anterior, excepto onde di escribir, que debe lerse traducir).
1.3 Propiedade Intelectual
A non ser que se indique doutra maneira, os Howtos de LiNUX son propiedade
intelectual dos seus respectivos autores. Os
Howtos de LiNUX poden ser reproducidos e distribuidos en todo ou en
parte, por calquera medio físico o electrónico, sempre que
este anuncio de copyright se manteña en todas as copias. A redistribución comercial está permitida e animase a ela. Non obstante, ao autor gustaríalle ser informado de calquer destas distribucións.
Todas as traduccións, traballos derivados, ou traballos de recopilación
que incorporen calquer Howto de LiNUX, deben estar cubertos por este copyright.
Isto é, non se pode producir ningún traballo derivado dun
Howto e impoñer restriccións adicionais a sua distribución.
Poden ser autorizadas excepcións a estas regras baixo certas condicións.
Por favor, contacte co coordinador dos Howtos de LiNUX na dirección
que se da máis abaixo.
Resumindo, queremos promover a diseminación desta información
a través de todos os cauces posibles. Non obstante, desexamos manter
a propiedade intelectual dos Howtos, e gustaríanos ser advertidos
de calquer proxecto de redistribución dos Howtos.
Para calquer pregunta, por favor, contacte con David Rudder drig@execpc.com
1.4 As Razóns para Escribir Isto
Houbo moitos artigos en comp.os.linux. ao largo de, máis ou menos,
o ano pasado; pedindo axuda sobror dos cortalumes. Parecía coma
se ninguén fora a contestarlos. Supuxen que a razón era que
niguén sabía cómo. Así que dediquei certo tempo
a xogar con cortalumes e aprender. Este documento existe como resposta
a aquelas peticións.
1.5 Por Facer
-
Aprender cómo facer isto nun Macintosh
-
Aprender sobre diferentes paquetes de TCP/IP para Güindous
-
Atopar un bon servidor proxy de UDP que funcione con LiNUX
1.6 Lecturas de Interese
-
A documentación do xogo de ferramentas de TIS
-
O Howto del NET-2
-
PPP-Como
-
O Howto da Ethernet
-
O MINIHowto das Múltiples Ethernets
-
Networking with LiNUX
-
A guía do administrador de rede TCP/IP de O'Reilly and Associates
As Ferramentas para cortalumes de TIS traen unha colección
de documentos que se atopan entre os mellores que lin sobre cortalumes
e asuntos relacionados. Na sección soft
falase máis das Ferramentas de TIS.