[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


4. A parte do Windows NT

Antes de continuar, necesitas facer dúas cousas.

A primeira é baixar e descomprimir a utilidade Gilles Vollant´s BootPart, que pode ser topada en http://www.winimage.com/bootpart.htm, ca información sobre cómo utilizala.

Despois debes copiar (non borrar) os seguintes ficheiros ao directorio raíz do disco NT:

Boot.ini
Bootsect.dos
Ntdetect.com
Ntldr
Estes ficheiros pertencen ao cargador do Windows NT. Estan situados no directorio raíz do disco do Windows 95 e foron copiados ahí polo Windows NT cando foi instalado.

Unha vez copiados, reinicia, pasa a liña de comandos do DOS no Windows 95 e executa o seguinte comando:

BOOTPART WINNT BOOT:D:
Agora debes editar Boot.ini no directorio no directorio raíz do Windows NT. Debes modificar tres liñas, unha na sección [boot loader], e dúas na sección [operating systems]:

Este é o orixinal Boot.ini:

[boot loader]
timeout=30
default=multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINNT
[operating systems]
multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINNT="Windows NT Workstation Version 4.00"
multi(0)disk(0)rdisk(1)partition(1)\WINNT="Windows NT Workstation Version 4.00 [VGA mode]" /basevideo /sos
C:\ = "Microsoft Windows"
E o novo Boot.ini:
[boot loader]
timeout=30
default=multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINNT
[operating systems]
multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINNT="Windows NT Workstation Version 4.00"
multi(0)disk(0)rdisk(0)partition(1)\WINNT="Windows NT Workstation Version 4.00 [VGA mode]" /basevideo /sos
Destacar que tódalas referencias a rdisk(1) foron cambiadas a rdisk(0) e a liña do Windows 95 foi borrada.

Despois de grabar o Boot.ini, se todo foi correctamente, deberías ser capaz de arrancar o Windows NT dende o LILO.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]