[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


1. ¿Que é FreeBSD?

FreeBSD é un sistema operativo libre da familia dos Unix, coma Linux. A principal diferencia é que, namentras o kernel de Linux for escrito dende cero, FreeBSD está baseado nas partes de libre distribución de 4.4BSD (Berkeley Software Distribution) coñecida coma 4.4BSD-lite. Este feito pode levar a algunha xente a suxerir que FreeBSD está máis preto de ser un UNIX(TM) "real" que Linux. FreeBSD só se executa nas plataformas Intel PC (i386 e superiores); estase a traballar neste momento pra portar FreeBSD ás plataformas DEC Alpha e Sun Sparc. Os requerimentos de hardware pra FreeBSD son semellantes ós de Linux.

O desenrolo de FreeBSD é controlado dun xeito diferente ó de Linux. Un grupo de programadores serve coma arbitraxe e proporciona liderazgo ó proxecto. Os grandes trocos son discutidos de antemán nas listas de correo. O proxecto FreeBSD ten dúas estructuras de desenrolo (coma Linux): "-CURRENT" e "-STABLE". Na estructura de desenrolo "-CURRENT" é onde acontece o desenrolo de novas características. O desenrolo na estructura "-STABLE" está restrinxido a arranxar bugs e algunhas novas características probadas a fondo.

FreeBSD pode ser libremente utilizado e (re)distribuido coma Linux. Moitas partes do sistemas están publicadas baixo o copyright BSD; o resto está baixo a GNU GPL ou a GNU LGPL.

Podes atopar máis información sobre FreeBSD (e baixar o sitema enteiro) na páxina web do proxecto FreeBSD. As versións máis recentes de "-STABLE" e instantáneas do código do desenrolo "-CURRENT" son vendidas en CD-ROM por Walnut Creek CDROM (os seus servidores web e ftp corren en FreeBSD.)


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]