[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


1. Introducción

Nos últimos anos as presentacións a cor convertéronse nalgo moi cotián, e os usuarios están a comezar a explotar isto co uso de programas que usan as cores para dar un repaso visual rápido en, p. ex., palabras reservadas en linguaxes de programación, ou notificación instantánea de palabras mal escritas.

Como a consola de texto de Linux soporta a cor, o orixinal GNU ls foi rapidamente modificado para mostrar saída a cor e foi incluído no Slackware sobre a versión 2.0. Versións melloradas destes remendos migraron na distribución GNU estándar de ls, e debería formar parte de tódalas novas distribucións a partir de agora.

A información neste documento foi confirmado no RedHat 4.1, e foi orixinalmente creado coa versión 2.0.2 de Slackware, e o 1.1.54 Kernel. O anaco de información do kernel foi recuperado no Slackware 2.2.0 co kernel 1.2.13, e tcsh como o shell predeterminado, e despois confirmado cun kernel 2.0.27. se ti usas algunha outra configuración, ou versión UNIX, eu agradecerei un aviso informando do SO e versión, e se a cor é utilizable como estándar.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]