[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


5. Instalación do Servidor Proxy

O servidor proxy require software adicional. Éste pódese conseguir en:

ftp://metalab.unc.edu/pub/LiNUX/system/Network/misc/socks-Linux-src.tgz

Soamente hai un exemplo de ficheiro de configuración neste directorio, chámase "socks-conf". Debemos descomprimir e desempaquetar os ficheiros nun directorio do noso ordenador, e seguir as instruccións de cómo compilalo. Eu tiven un par de problemas compilándoo. Hai que asegurarse de que os Makefiles son correctos. Algúns sonos e algúns non.

Algo importante que hai que advertir é que hai que engadir o servidor proxy ao /etc/inetd.conf. Debese engadir a liña:

socks   stream  tcp     nowait  nobody  /usr/local/etc/sockd    sockd
para dicir a inetd que arranque o servidor cando se lle pida.

5.1 Configuración do Servidor Proxy

O programa socks precisa dous ficheiros de configuración distintos. Un no que se lle di que accesos están permitidos, e outro para dirixir as peticións ao servidor proxy axeitado. O ficheiro de control de acceso debe residir no servidor. O ficheiro de rutado debe residir en tódalas máquinas Únix. As máquinas DOS e, presumiblemente, as Macintosh encamiñarán por sí mesmas.

5.2 O Ficheiro de Control de Acceso

Con socks4.2 Beta, o ficheiro de acceso chamase "sockd.conf". Debería conter dous tipos de liñas: as de permiso, que conteñen "permit" e as de prohibición, que conteñen "deny". Cada liña terá tres palabras: O identificador é o permit (permitir) ou deny (denegar). Debería de haber un de cada.

A dirección IP componse de catro octetos según a típica notación de puntos: p.ex. 192.168.2.0 .

O modificador de dirección é tamén un número de catro octetos. Funciona como unha máscara de rede. Hai que velo coma 32 bits (uns ou ceros). Si o bit é uno, o bit correspondente da dirección que se comprueba debe coincidir co bit correspondente do campo de dirección IP.

Por exemplo, se a liña é:

permit 192.168.2.23 255.255.255.255
entón, admitirá só direccións IP nas que coincidan tódolos bits de 193.168.2.23, isto é, só ela mesma. A liña:
permit 192.168.2.0 255.255.255.0
admitirá tódalas direccións dende a 192.168.2.0 hata a 192.168.2.255, a subrede de clase C completa. Non se debería ter a liña:
permit 192.168.2.0 0.0.0.0
dado que permitiría calquer dirección.

Así que, primeiro, permitimos tódalas direccións que queiramos permitir, e despois prohibimos o resto. Para permitir a calquera do rango 192.168.2.xxx, as liñas:

permit 192.168.2.0 255.255.255.0
deny 0.0.0.0 0.0.0.0
funcionarán perfectamente. Observa os primeiros "0.0.0.0" na liña de prohibición. Cun  modificador de 0.0.0.0, o campo da dirección IP non importa. Se normalmente pon todo ceros porque é fácil de teclear.

Pódese poner máis dunha liña de cada clase.

Tamén se pode autorizar ou denegar o acceso a determinados usuarios. Conséguese gracias á autentificación do protocolo ident. Non tódolos sistemas soportan ident (incluindo a Trumpet Winsock) de modo que non profundizarei nisso. A documentación que ven con socks trata este tema axeitadamente.

5.3 O Ficheiro de rutado

O ficheiro de rutado de socks ten o desafortunado nome de "socks.conf". E digo que é desafortunado porque parecese tanto ao do ficheiro de control de acceso que é fácil confundilos.

O ficheiro de rutado ten a función de dicir aos clientes de socks cándo usar socks e cándo non. Por exemplo, na nosa rede a máquina 192.168.2.3 non precisa usar socks para comunicarse ca 192.168.2.1 (o cortalumes), xa que ten unha conexión directa vía Ethernet. A 127.0.0.1, dirección de "volta atrás" (que representa a unha máquina ante ela mesma), está definida automáticamente. Está claro que non se precisa usar socks para falar con un mesmo.

Hai tres tipos de entradas:

deny (denegar) dille a socks que peticións debe rexeitar. Esta entrada ten os mesmos tres campos que no sockd.conf, identificador, dirección, o modificador. Xeralmente, dado que isto tamén é manexado polo ficheiro de control de acceso sockd.conf, o modificador ponse a 0.0.0.0 . Si un quere impedirse a si mesmo conectar cun determinado sitio, pódese facer poñéndoo aquí.

A entrada direct di para qué direccións non se debe usar socks. Éstas son tódalas direccións as que se pode chegar sen usar o servidor proxy. De novo hai tres campos: identificador, dirección, e modificador. Noso exemplo tería:

direct 192.168.2.0 255.255.255.0

Co que iría directamente a calquer máquina da rede protexida.

A entrada sockd dí cál é a máquina na que corre o servidor de socks. A sintaxis é:

sockd @=<lista de servidores> <direccion IP> <modificador>
Ollemos a entrada @=. Ésta permite poñer as direccións IP dunha lista de servidores proxy. No noso exemplo só usamos un servidor proxy, mais puedese ter moitos para admitir unha carga maior e conseguir redundancia frente ao erros.

A dirección IP e o modificador funcionan coma nos outros exemplos. Especifican a qué direccións se vai o traveso dos servidores.

5.4 O Servicio de Nomes tras o Cortalumes

Instalar un Servicio de Nomes detrás dun cortalumes é relativamente sinxelo. Non hai máis que instalar o servidor de DNS na máquina que fai de cortalumes. Logo faise que tódalas máquinas tras o cortalumes usen este servidor de DNS.

5.5 Traballar cun Servidor Proxy

UnixPara que as aplicacións funcionen co servidor proxy, hai que"sockificalas". Será preciso ter dous telnets distintos, un para a comunicación directa, e un para a comunicación o traveso do servidor proxy. Socks ven con instruccións de como sockificar un programa, así coma cun par de programas xa sockificados. Se se usa a versíon sockificada para conectar con algún sitio ao que se ten acceso directo, socks cambiará automáticamente a versión para acceso directo (a normal). Por ista razón deberemos trocar o nombre a tódolos programas da rede protexida e sustituirlos polos sockificados. Así "finger" pasará a ser "finger.orig", "telnet" a "telnet.orig", etc... . Débese dar coñecer a socks todo isto no ficheiro include/socks.h . Algúns programas xestionan o rutado e o sockificado eles mesmos. Éste é o caso de Netscape. Podese usar un servidor proxy con Netscape simplemente poñendo a dirección do servidor (192.168.2.1 no noso caso) no campo SOCKs do menú Proxys. Tódalas aplicacións precisarán algún retoque independentemente de cómo manexen a existencia de servidores proxy.

MS Güindous co Trumpet Winsock

O Trumpet Winsock leva incorporada a xestión de servidores proxy. No  menú "setup" debese poner a dirección IP do servidor e as direccións de tódolos ordenadores aos que se chega directamente. Él encargarase a partir de entón de tódolos paquetes de saída.

5.6 Cómo conseguir que o Servidor Proxy funcione con UDP

O paquete socks só funciona con TCP, non con UDP. Esto quítalle un poco de utilidade. Moitos programas interesantes, (como talk ou archie) usan UDP. Existe un paquete diseñado para funcionar como un servidor proxy para paquetes de UDP que se chama UDPrelay. O autor é Tom Fitzgerald fitz@wang.com. Desgraciadamente, no momento de escribir estas liñas, non é compatible con LiNUX.

5.7 Inconvintes dos Servidores Proxy

Un servidor proxy é ante todo un dispositivo de seguridade. Usalo para aumentar o número de máquinas con acceso a Internet cando se ten poucas direccións IP ten moitos inconvientes. Un servidor proxy permite un maior acceso dede dentro da  rede protexida ao exterior, pero mantén o interior completamente inaccesible dende o exterior. Isto significa que non haberá conexións archie, nin talk, nin envío directo de correo aos ordenadores de dentro. Estes inconvintes poden parecer pequenos, pero consideremo-los siguientes casos: O FTP crea outro problema cos servidores proxy. Cando se fai un ls, ou un get, o servidor de FTP establece unha conexión coa máquina cliente e manda a información por ela. Un servidor proxy non o permitirá, así que o FTP non funciona especialmente ben.

Ademáis, un servidor proxy é lento. Debido a grande sobrecarga, casi calquer outro medio de lograr acceso será máis rápido.

Resumindo, si tes suficientes direccións IP e non che preocupa a seguridad, non uses cortalumes nin servidores proxy. Se non tes suficientes direccións IP, pero tampoco che preocupa a seguridade, seguramente deberías considera-los "emuladores de IP" coma Term, Slirp, ou TIA.

Term pódese conseguir en ftp://metalab.unc.edu, Slirp en ftp://blitzen.canberra.edu.au/pub/slirp, e TIA en ftp://marketplace.com.

Van máis rápido, permiten mellores conexións, e proven un maior nivel de acceso a rede interior dende a Internet. Os servidores proxy están ben para as redes que teñen moitos ordenadores que queren conectar coa  Internet ao vo, e nas que se quere pouco traballo de mantemento tras a instalación.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]