[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


1. Introducción

Os cortalumes foron adquirindo unha grande popularidade dun tempo a esta parte como o último berro en seguridade en Internet.Coma a maioría das cousas que a adquiren, coa popularidade chegaron os malentendidos. Neste  Howto cubriranse as bases do que é  un cortalume cómo configurar un, qué servidores proxy hai, cómo configuralos, e as aplicacións desta tecnoloxía fora do campo da seguridade.

1.1 Realimentación

Todo apoio ou crítica a este documento será benvido. Estou buscando con especial interese críticas da xente que usa Macintoshes, xa que a información que teño deles é escasa. ¡¡¡POR FAVOR, COMUNICADEME CALQUER INEXACTITUDE NESTE DOCUMENTO!!! Son humano, e podo cometer erros. Se atopades algún,  interesarame moito coñecelo. Tentarei contestar a todo o correo, mais estou ocupado; así que, que ninguén se ofenda se non o fago.

A miña dirección de correo electrónico é drig@execpc.com

1.2 Renuncia de Responsabilidade

Este documento intenta ser unha introducción ao funcionamiento dos cortalumes e servidores proxy. Non son, nin pretendo ser,un experto en seguridade. Son simplemente un tipo que leu moito e ao que le gustan os ordenadores máis que ao resto da xente. NON SON RESPONSABLE DE NINGÚN DANO PRODUCIDO POR ACCIÓNS COA BASE NESTE DOCUMENTO. Por favor, escribo isto para axudar a  xente a entender o tema, non estou preparado para facer depender a miña vida da exactitude do que hai eiquí.

Nota do Traductor: e eu menos. (e dicir, suscribo o párrafo anterior, excepto onde di escribir, que debe lerse traducir).

1.3 Propiedade Intelectual

A non ser que se indique doutra maneira, os Howtos de LiNUX son propiedade intelectual dos seus respectivos autores. Os Howtos de LiNUX poden ser reproducidos e distribuidos en todo ou en parte, por calquera medio físico o electrónico, sempre que este anuncio de copyright se manteña en todas as copias. A redistribución comercial está permitida e animase a ela. Non obstante, ao autor  gustaríalle ser informado de calquer destas distribucións.

Todas as traduccións, traballos derivados, ou traballos de recopilación que incorporen calquer Howto de LiNUX, deben estar cubertos por este copyright. Isto é, non se pode producir ningún traballo derivado dun Howto e impoñer restriccións adicionais a sua distribución. Poden ser autorizadas excepcións a estas regras baixo certas condicións. Por favor, contacte co coordinador dos Howtos de LiNUX na dirección que se da máis abaixo.

Resumindo, queremos promover a diseminación desta información a través de todos os cauces posibles. Non obstante, desexamos manter a propiedade intelectual dos Howtos, e gustaríanos ser advertidos de calquer proxecto de redistribución dos Howtos.

Para calquer pregunta, por favor, contacte con David Rudder drig@execpc.com

1.4 As Razóns para Escribir Isto

Houbo moitos artigos en comp.os.linux. ao largo de, máis ou menos, o ano pasado; pedindo axuda sobror dos cortalumes. Parecía coma se ninguén fora a contestarlos. Supuxen que a razón era que niguén sabía cómo. Así que dediquei certo tempo a xogar con cortalumes e aprender. Este documento existe como resposta a aquelas peticións.

1.5 Por Facer

1.6 Lecturas de Interese

As Ferramentas para cortalumes de TIS traen unha colección de documentos que se atopan entre os mellores que lin sobre cortalumes e asuntos relacionados. Na  sección soft falase máis das Ferramentas de TIS.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]