[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |
Hai outra versión do controlador UFS pra kernels Linux 2.0.xx (xx <= 30) en SunSite.Chámase U2FS e a versión actual é u2fs-0.4.3.tar.gz
. Pode atoparse unha versión de U2FS (ufs-0.4.4.tar.gz
) pra Linux 2.0.31 e posteriores (2.0.xx; non 2.1.xx) neste sitio xunto con máis información sobre U2FS (e UFS).
Agora tes que construir un novo kernel con soporte pró sistema de ficheiros U2FS e etiquetas de discos BSD. Le a sección Instalar e preparar Linux pra máis información sobre isto. Podes quitar o soporte pró sistema de ficheiros UFS do kernel cando utilices U2FS.
Cando teñas instalado o novo kernel, podes montar o teu sistema de ficheiros UFS (tódalas particións no slice FreeBSD agás a partición swap) cun comando coma este:
mount -t u2fs /dev/hda8 /mnt
Deberías usar un comando coma
mount -t ufs /dev/hda8 /mntse utilizas un kernel Linux versión 2.1.87 ou superior.
O controlador UFS (e U2FS) é de só-lectura. Isto é; podes ler dos sistemas de ficheiros UFS pero non podes escribir neles. Estase a traballar nun controlador de escritura/lectura.
options "EXT2FS"no ficheiro de configuración do teu kernel pró novo kernel.
Cando inicies co novo kernel, podes montar un sistema de ficheiros ext2fs dando un comando coma:
mount -t ext2fs /dev/wd0s3 /mntFíxate en que non podes montar sistemas de ficheiros ext2fs en particións extendidas dende FreeBSD.
Debido a un bug en FreeBSD 2.2.5 e anteriores terás que desmontar tódolos sistemas de ficheiros ext2fs antes de pechar FreeBSD se estás a usar estas versións. Se pechas FreeBSD cun sistema de ficheiros ext2fs montado, FreeBSD non pode habilitar o sistema de ficheiros. Isto dá coma resultado que fsck
estase a executar a seguinte vez que inicies FreeBSD.
[ Anterior ] | [ Indice ] | [ Seguinte ] |