5. Cómo configurar as cores co ls
Se desexas modifcar a selección estándar de cores do teu
ls,
precisas a tua copia persoal no teu directorio HOME, que obtés con;
% cd ; dircolors -p > .colursrc
Despois de modificar este arquivo (as modificacións están
ben comentadas nel) precisas que sexa lido mediante a cadea LS_COLORS,
que se fai usualmente con:
% eval 'dircolors .colourrc'
Precisas poñer esta liña no teu .bashrc / .cshrc / .tcshrc
(dependendo do teu shell), para que o faga en cada login. Mira a páxina
do manual de dircolors(1).